20:00
CONCERTO | Malandança - I CICLO DE MÚSICA MEDIEVAL 2024

CONCERTO | Malandança - I CICLO DE MÚSICA MEDIEVAL 2024

CONCERTO | Malandança - I CICLO DE MÚSICA MEDIEVAL 2024

O mosteiro de Samos acollerá o sábado 28 de
setembro, ás 20.00 horas, un concerto da formación Malandança,
especializada en música medieval, que emprega instrumentos contruídos a
partir dos representados no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de
Compostela e que interpretará un formado por cantigas de Santa María ,
escritas na corte de Afonso X durante o século XIII.

A especial sonoridade dos instrumentos e o recoñecido virtuosismo dos
intérpretes que forman Malandança  -Esperanza Mara, Manuel Vilas, Diego
Rojo, Xurxo Varela, César Arias e Francisco Luengo, acompañados pola
narración de Charo Pita - definen o concerto, que forma parte do Ciclo
de Música Medieval Lugo: De Trovas e Cantigas, promovido pola
Vicepresidencia da Deputación de Lugo que conta, neste caso, coa
colaboracion do Concello de Samos.

O ciclo, que pretende levar a música medieval a emprazamentos singulares
e representantivos desta etapa histórica nas distintas comarcas,
programará dous concertos máis:  o 24 de outubro na Basílica de San
Martiño de Mondoñedo, en Foz, e na igrexa románica de San Pedro de
Bembibre, en Taboada. O primeiro celebrouse o pasado mes de abril en
Lugo, coincidindo co curso de instrumentos de música medieval que se
celebrou no Centro de Artesanía e Deseño.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android