Curso de dobraxe e interpretación no Círculo O Círculo das Artes oferta un curso de dobraxe e interpretación, impartido por Alicia Taboada Porto, dobradora profesional para Netflix, HBO, Disney, Antena 3, Telecinco e TVG. Este curso permitiranos coñecer de cerca o mundo da interpretación para dobraxe e locución. Traballaremos a respiración, a voz e a sincronización de textos, tanto en castelán como en galego, empregando material de ficción e de animación. Será os luns de 18.00 a 20.00 horas, do 15 de outubro ao 15 de decembro. O curso completo ten un custo de 140 euros, e xa está aberto o prazo de inscripción nas oficinas do Círculo ou a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar