00:00 hasta las 00:00
Feira de Olería “Tradicional Lugo” (FOLT) 2024

Feira de Olería “Tradicional Lugo” (FOLT) 2024

Lugo acollerá ado 4 ao 6 de outubro a terceira Feira de Olería “Tradicional Lugo” (FOLT), que reunirá unha selecta colección de olería de Galiza e doutras rexións do Estado na contorna da Praza de Santo Domingo.

A feira permitirá ollar e mercar pezas representativas de tradicións oleiras de Niñodaguia e Tiroia (Ourense), Gundivós (Lugo), Buño (A Coruña), Badajoz, Cáceres, Córdoba, Jaén, León, Toledo ou Zamora..

Ademais do carácter comercial, FOLT é unha feira cun compoñente cultural diferenciador, con pezas tradicionais destinadas ao lume, ao coidado dos animais, á almacenaxe deo grao e do viño, á proteción da casa, incluso ao nacemento e á morte dos habitantes de cada lugar da xeografía española.

Así, as pezas que adornarán a Praza de Santo Domingo constitúen un documento que describe as formas de vida en tempos en que o barro era un valioso recurso de supervivencia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android