20:00
VII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ - DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE

VII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ - DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade á escritora gañadora, ANDREA BARREIRA, polo seu libro “QUEN PRECISA UNHA AVOA”, que terá lugar o sábado, día 26 de outubro de 2024, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

O referido acto será presentado por CARMEN HERMIDA e contará coas intervencións de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha; MARTA ROUCO alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e ANDREA BARREIRA, gañadora do VII Premio Agustín Fernández Paz.

Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa danza, coa poesía, coa

palabra, coa imaxe… Para elo, contaremos coa participación de:

v BANDA DE MÚSICA DE VILALBA

v ALUMNAS DO IES BASANTA SILVA

v PABLO DEL VALLE

v CORREDORES DE SOMBRA

Para a linguaxe de signos contaremos coa Asociación de Xordos de Lugo (AXORLU).

Nalgún momento do acto, darase lectura ao ditame do Xurado do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade.

Fuente: https://entradasvilalba.es/evento/outros/vii-premio-agustin-fernandez-paz-1
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android