XXI Encontro da Ilustración Galega Un ano máis, AGPI celebra o Encontro Galego de Ilustración, un evento anual cargado de obradoiros, charlas e presentacións en torno á ilustración e todo o que rodea á nosa profesión. O ano pasado estrenamos o Encontro na cidade de Vigo e este ano facemos o mesmo en Lugo. Os actos do Encontro vanse celebrar en varias datas do 19 de outubro ao 9 de novembro en varios emprazamentos como a EASD Ramón Falcón de Lugo (Paseo dos Estudantes, 31) e principalmente en O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n) Este ano contamos ca presencia de bastantes socixs de AGPI como Aida Alonso, Augusto Metztli, Diego Estebo, Eva Agra, Gutián, Leandro Barea, Manel Cráneo e Santy Gutiérrez. Tamén con autoras como Giovanna Lopalco, que xa foi invitada do Encontro fai anos e Julia Lago. Tamén contamos cunha charla teórico-práctica con Mónica Rodriguez, experta en creativos e desenvolvemento personal. Tamén teremos acompañamento musical a cargo de Iria Estévez e moderando as charlas contaremos ca profesionalidade e simpatía da nosa querida Neves Rodríguez. Como actos de AGPI, anunciamos que teremos unha exposición en conmemoración dos primeiros vinte anos de AGPI composta de obras dxs socixs que se vai expoñer en O Vello Cárcere e unha presentación do novo Caderno AGPI. Todo isto e máis o veredes na programación do Encontro. Ilustración de Diego Pena
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar