O presente curso visa a formar mormente o profesorado non universitario nun dos xéneros literarios menos coñecidos, o teatro, e máis concretamente, o microteatro, dentro do teatro escolar, que é como se pode utilizar o teatro nas aulas de lingua e literatura. Para iso, haberá una primeira parte teórica onde se mostrará cal é a realidade do teatro escrito para público infantoxuvenil, para alén de desmontar determinados estereotipos que prexudican o uso a presenza do teatro no ensino. Entre outras cousas que o teatro non envolve exclusivamente representación, mais tamén lectura, tanto do texto como se fose prosa, ben como o chamado teatro lido.
Hai, ademais, unha segunda parte que visa non só á explotación didáctica do teatro, mais tamén favorecerá a creación de textos dramáticos para un público infantoxuvenil, chegando mesmo a propor a escrita de textos dramáticos pola parte dos estudantes.
Fuente: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/40289
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar