Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
Galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de grupos vocáis e coros (2019 e 2017) e coa voz como único instrumento, as vocalistas galegas, Ejazz, levan percorrendo os principáis clubes de jazz, salas de concertos e festivais da súa comunidade dende o 2012.
Ao frente da formación encóntrase a recoñecida mestra e cantante, Carmen Rey, como arreglista e directora musical. Completan o cuarteto Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro, cada unha delas cos seus proxectos en solitario e con extensas traxectorias musicáis.
Esta proposta musical atractiva, arriscada e orixinal ofrece un repertorio de sorpendentes versións “a capella” que farán ao público viaxar a diferentes épocas e lugares. En definitiva, catro voces, catro persoalidades, catro estilos que se funden nun só, harmonizados a ritmo de jazz, de soul, de bossa nova e de funk.
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar