19:30
Ciclo ‘Os 16 sons creativos’

Ciclo ‘Os 16 sons creativos’

O ciclo ‘Os 16 sons creativos’, incluído dentro da programación do Outono Cultural, comeza o venres 25 de outubro, ás 19.30 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, con 'El peregrino', a Paisaxe Sonora de Luz María Salgueiro e Diego Sanmartín que gañou o premio do xurado 2024. A continuación haberá un concerto de Inmaculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó, que conta coa colaboración do alumno do taller de creación sonora Diego Sanmartín. Este concerto inclúe a estrea absoluta da peza 'Interiores', unha obra mixta estruturada en seis escenas sonoras que traballa a imaxe de vídeo, os sons ambientais e o directo, así como 'Donde Habito', unha proposta sonora composta de 3 partes (A mañá, A tarde e A noite) a partir da poesía de Ana Rocha e o seu poemario 'Donde habitas'.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android