O vindeiro domingo 27 de Outubro o municipio de Castro de Rei acollerá a XIII Expodegustación Galiña de Mos. Dará comezo ás 11.30 horas coa exposición - concurso comarcal da raza Galiña de Mos e a actuación da Banda de Música. Ás 13.00 horas terá lugar a sesión vermú co trío Merengue e ás 14.00 horas os asistentes gozarán coa degustación dos manxares da Galiña de Mos. Ás 15.30 horas haberá xogos populares e ás 16.00 horas actuará de novo o trío Merengue. Ademais, ao longo da xornada levará a cabo a feira de artesanía e unha exposición de vehículos clásicos. O custo do xantar será de 15 euros (inclúe bebida, sobremesa e café).
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar