RUNNING!!!! 🏃🏃♀️NAS NEVES Sábado 2 de Novembro, no Auditorio Municipal de As Neves, ven a disfrutar da nosa suorenta comedia "RUNNING" Datos do evento: Sábado 2 de Novembro ás 20: 00 horas no Auditorio Municipal de As Neves. Entrada gratuita con aforo limitado. Recomendado para público de máis de 12 anos. ➥ Evento organizado polo Concello de As Neves coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa cultural +Escénicas. # SINOPSE: Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?” Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo? Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar