01:00 hasta las 00:59
Mayte Vieta. O son do mar

Mayte Vieta. O son do mar

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Comisariada por Natàlia Chocarro, directora de Proxectos Externos da Fundació Vila Casas, a exposición foi concibida para o Centro Galego de Arte Contemporánea, que acolle por primeira vez a obra desta artista ...

Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión a través da fotografía, a escultura e a instalación.
Cunhas influencias que abarcan desde Milan Kundera ata Simone Weil, Vieta reflexiona sobre as contradicións da experiencia humana mediante instantáneas que capturan a complexidade do espectro das nosas emocións, pensamentos e vivencias. As súas obras redefinen a relación entre contrarios coa coherencia que só os soños conteñen.
Vieta crea coas súas pezas atmosferas oníricas en cuxa realidade paralela coexisten a gravidade e a ingravidez, e onde as fronteiras entre o apracible e o tráxico se dilúen para suxerir estados de ánimo que na súa ambigua intensidade integran estes opostos.
As súas paisaxes, compostas por non-lugares de silencio e quietude, fálannos da suspensión do presente e da inmersión nun novo universo gravitacional, onde o tempo se retarda, o instante se alonga e o suxeito devén en natureza.
Articulada como un refuxio do mundo exterior, O son do mar expresa unha forma de felicidade complexa que contén sentimentos atopados de plenitude e de fuga. Ao sentimento de plenitude acompáñao unha estraña percepción de melancolía, unha especie de estupor ante a dimensión inconmensurable da natureza, que tanto nos acariña como nos oprime.
Comisariada por Natàlia Chocarro, directora de Proxectos Externos da Fundació Vila Casas, a exposición foi concibida para o Centro Galego de Arte Contemporánea, que acolle por primeira vez a obra desta artista catalá.

Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/111052/2/143586
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android