O obxectivo desta actividade é explorar as bases e a importancia da ilustración científica no avance do coñecemento. O obradoiro, de carácter eminentemente práctico, será guiado por Carmen Vega, investigadora da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC e ilustradora.Durante a actividade, as persoas participantes, crearán as súas propias ilustracións a partir de nocións básicas de debuxo naturalista e técnicas de acuarela que serán abordadas pola relatora. O tema principal será o ciclo de vida das sementes. A través dunha observación exhaustiva, buscarase capturar de forma precisa as distintas etapas que experimenta unha planta ao longo do seu crecemento.
Data e hora: sábado 30 de novembro ás 11.00 h.
Público destinatario: xuvenil, a partir de 14 anos e adulto
Con inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores, 20 de novembro ás 09.00 h.
Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/115486/21/145410
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar