O Coliving Artístico do Carme acollerá o vindeiro xoves, 21 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas, a segunda xornada do programa Páxina en branco: sesións de co-deseño no CAM. Esta segunda sesión, baixo o título Boas prácticas culturais en residencias artísticas, contará coa participación de Zaida Llamas e Alfredo Puente (Coordinación xeral e curadoría da Fundación Cerezales Antonino y Cinia, Cerezales del Condado, León); Ania González (Avogada especializada en dereito da cultura e propiedade intelectual, cofundadora de despacho.eu, Vigo); Sara García (Cofundadora da A Seara e vogal da Asociación Galega de Profesionais dá Xestión Cultural, Lugo); Caterina Varela (Fundadora e directora do programa Residencias Paraíso do Colectivo RPM). Estas sesións están dirixidas a profesionais da cultura con interese en participar do diálogo posterior, podendo asistir con inscrición previa en cam@lugo.gal (prazas limitadas). O programa Páxina en branco: sesións de co-deseño no CAM forma parte da planificación de posta en marcha do novo equipamento, que en 2025 inaugurará a Regulación das Residencias Artísticas Internacionais. O pasado martes 29 de outubro tivo lugar no CAM Lugo a primeira sesión, Residencias artísticas: creación, lugares e vínculos. Nela diferentes axentes culturais referentes no desenvolvemento de proxectos de residencias compartiron as súas experiencias de deseño, xestión e comisariado de residencias e os seus impactos na profesionalización dos artistas, no territorio, as súas comunidades ou a dinamización local. Formaron parte desta sesión Miriam Pérez (Directora de Espazo Vilaseco e Galería Vilaseco, Chantada - A Coruña) ; Hugo Pereira de Colectivo Glovo ( Colectivo artístico, responsables das residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando, Lugo); Jose Iglesias García-Arenal (Responsable da plataforma curatorial MAL, mediador en Concomitentes, Los Santos de Maimona, Extremadura) e Susana González (Comisaria e responsable do Centro de Arte FMJJ, A Coruña).
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar