Delas Fest é un festival feminista de arte urbana e contextual, o primeiro en celebrarse en Europa, desenvolto en diversos espazos da bisbarra compostelá coa participación de oito creadoras que, desde diferentes disciplinas e enfoques, traballan desde unha concepción do espazo público como plataforma de expresión artística e participación política. A través dun programa de actividades orientado a diversos públicos e no que se combinaron intervencións na rúa con obradoiros de creación e faladoiros arredor da situación da muller no sector, artistas e participantes cuestionaron, desde a práctica, o discurso historiográfico hexemónico, que segue a subestimar e invisibilizar a traxectoria das mulleres artistas.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=86076
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar