12:00
Charo Pita: A familia papaventos

Charo Pita: A familia papaventos

No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. 

Moitos son as personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do Vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa … E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=86680
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android