09:00
Con voz de muller

Con voz de muller

A vicepresidenta do goberno, Carmen Calvo, clausurará as xornadas tras unha mañá de intenso debate e discusións enriquecedoras en mesas redondas e relatorios co obxectivo de inspirar tanto a mulleres como a homes, novos, institucións e empresas.

O foro, que se celebra no palacio de Congresos de Santiago de Compostela, estará moderado pola xornalista Macarena Berlín e contará con dous relatorios, unha a cargo da escritora Espido Freire, e outra que impartirá a fiscala especializada en violencia de xénero, Pilar Fernández.

Tras unha charla con mulleres que abriron camiño en profesións que tradicionalmente foron ocupadas por homes, no que participarán a tenente coronel do exército de terra, Cristina Larriba, dúas alumnas de FP de carrocerías e construcións metálicas, e a decana da facultade de matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón, Berlín charlará coa xornalista e escritora Valeria Veigas.

A continuación, haberá un coloquio sobre a situación da muller na sociedade actual e os micromachismos, no que participarán o profesor da USC e secretario do centro de estudos feministas da universidade, Jorge Marín, autor de diversos libros sobre feminismo e novas masculinidades, a presidenta da comisión de igualdade no Congreso, Pilar Cancela, Rosa Gómez, presidenta de Teenses pola Igualdade, que leva toda a vida dedicada á defensa dos dereitos das mulleres e unha moza activista, María Araújo.

Nas xornadas tamén se abordará a brecha salarial e o teito de cristal, nunha mesa na que participarán a deseñadora Tiziana Domínguez, a chef Lucía Freitas, a tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón, e Maica Bouza, secretaria de emprego de CCOO.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=89010
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android