15:30 até às 19:30
Tono Arias | Autor Convidado @ projecto FINITA

Tono Arias | Autor Convidado @ projecto FINITA

Tono Arias será o terceiro Autor Convidado no programa "Um dia na Galeria", uma iniciativa projecto FINITA @ Galeria Imago.

Um momento ideal para descobrir e adquirir publicações do Autor.

Sobre o Autor |

Fotógrafo de prensa e documental desde o ano 84, traballou en diversos medios de comunicación: Faro de Vigo, El Correo Galego, agencia EFE, El Pais, El Mundo así como tamén nas revistas Interviu e Tiempo. A partir do ano 2006 inicia unha nova etapa como fotógrafo independente, poñendo en marcha un estudio de fotografía na Estrada onde realiza os diversos traballos profesionais no ámbito da fotografía industrial, publicidade, moda, arquitectura, editorial e documental. Así mesmo crea o primeiro banco de imáxes especializado en Galicia e online: http://www.tonoarias.es/

No ano 2012 inicia o proxecto “DISPARA” un espazo web http://www.dispara.org/ , e físico, sito en A Estrada que é unha galería de artes visuais, librería especializada en fotolibros e editorial. Este espazo está destinado a reunir traballos fotográficos de carácter documental e artístico, e a servir de punto de encontro entre autores para fomentar o desenvolvemento de proxectos culturais, relacionados coa fotografía.

Ten comisariado as exposicións colectivas “welcome to galicia” (sobre o formato impreso da postal) , “Livres” (en torno a edición de fotolibro internacional) ou Lume para o colectivo Ollo e Abanca (2023) Organiza eventos en torno a fotografía contemporánea: P2P A Estrada, evento que se desenvolve tamén en PHE (coa colaboración de 30y3 photography e outros). Presentacións de diversas publicacións así como talleres de fotografía impartidos por profesionais de todo o estado. Actualmente forma parte da recen creada A COLECTIVA asociación de artistas de Galicia. Como fotógrafo comercial ten publicado unha morea de libros, sobre a paixaxe, tradicións, arquitectura e patrimonio. en torno o cinema ten participado como foto fixa en algunhas produccións sendo a última “Tempo Vertical” de Lois Patiño.

http://www.tonoarias.com/

Como autor ten participado en varias exposicións individuais e colectivas:

FOTOLIBROS -Libro de autor “NÓS” seleccionado para mejor libro de fotografía PHOTOESPAÑA 2013 -”a barreira invisible” 2015 -Proxecto arredor do entroido en Galicia: “ENCARNADOS” tres fotolibros “ENCARNADOS”, “DESXEO” e “PRETO” xunto a unha colección de postais -RAZA fotolibro 2021 (premio Eloi Gimeno 2022)

Exposiciones / Festivais

“Cuba” foto documental (Outono fotográfico) Colectiva fotoperiodistas Gallegos Colectiva obra “Ventada” ayuntamiento de Santiago de Compostela Exposición fotográfica sobre la restauración de la ciudad de Santiago de Compostela “Santiago na memoria” Xacobeo Camino de Santiago luz y Vida (itinerante por europa-américa) - 2004 . Xacobeo Colectiva ICONOS (outono fotográfico 2009) Colectiva peregrinacións 2010 “ Colectiva “premio Luis Ksado 2010” Individual “NÓS” 2012 (itinerante Outono Fotográfico) Colectiva “welcome” sala Dispara 2012 Colectiva “fomos ficando sós” outono fotográfico 2012 Colectiva “Adriano sesión contínua” Fene 2014 Exposición EDITA CGAC 2015 -Seleccionado Festival Encontros da imagen “a barreira invisible” 2015 -Festival Ffoco de fotografía A Coruña 2017 “RAZA” -Seleccionado en Athenas photobook festival “Encarnados e DesXeo” -DesXeo seleccionado o premio a mellor libro do ano en Arles 2019 -Encarnados Festival Ffoco 2019 -Encarnados Institut pour la Photo Lille Francia (colectiva) -RAZA sala dispara 2021 -RAZA festival Ffoco A coruña 2022 -A Colectiva Culturgal 2022 -Paizaxe 0, galería Metro Santiago 2023 -ENCARNADOS espazo Arte Sede, Esgos Ourense 2023 -O buraco do Inferno, Galería Matria Milan 2023 Premios “ENCARNADOS” Film Premio especial del jurado Festival de Curtas de Verín Premio Eloi Gimeno 2022 libro “Raza” Premio Mallorca de fotografía Contemporánea 2023 proxecto “Veñen Corvos Voando Baixo”

Recomendamos que confirme toda a informação junto do promotor oficial deste evento. Por favor contacte-nos se detectar que existe alguma informação incorrecta.
Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android