21:00
Bernarda

Bernarda

“BERNARDA” recolle o punto de partida de “La casa de Bernarda Alba”, escrita por Lorca en 1936: unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como é neste caso, o loito.

Bernarda, ó quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as malas influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, as minisaias, os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa reacción é clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer.”

“BERNARDA” é unha historia comprensible e universal, coa que calquera pode sentirse identificado, pois quen máis quen menos viviu un choque xeracional, onde os valores e os costumes dos máis vellos tópan coa necesidade dos máis novos de crear un mundo distinto cos seus propios códigos e condutas.

Elenco: Luisa Merelas, Celia González e Sabela Arán.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android