19:00
O paxaro amigo. Músicas para a paz

O paxaro amigo. Músicas para a paz

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé.

Discordia disfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola...

Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo.

Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

“Que todos nun pispás,

compartan cos demais,

dando amor ao redor,

que en paz se vive … mellooooooorrrrrr.”

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android