20:30
Nova York nun poeta

Nova York nun poeta

O espectáculo Nova York nun poeta é aquel encontro de Lorca co público na Residencia de señoritas no que por primeira vez escoitáronse eses poemas, “carne miña, alegría miña, sentimento meu”.

Durante unha hora, viaxaremos con el de Granada a Nova York e á Habana. A través do jazz e o son (interpretado en vivo pola Banda) mergullarémonos en Wall Street -“chega o ouro en ríos de todas as partes da terra e, con él, chega a morte”-, Harlem –“a dor dos negros de ser negros nun mundo contrario”-, a multitude –“uno dos espectáculos vitais máis intensos que se poden contemplar”-, o campo –“ anhelante das pobres cousas vivas máis insignificantes”-, A Habana –“cos seus ritmos que eu descubro típicos do gran pobo andaluz”, a revolución –“do Africa a Nova York”-. Unha aventura, “chea de feitos poéticos”, de “un español típico, a Deus grazas”.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android