21:00
Ciclo Xacobeo Importa: Madeleine Peyroux

Ciclo Xacobeo Importa: Madeleine Peyroux

Comparada acertadamente con Billie Holiday por moitos críticos, a cantante, compositora e guitarrista admite a Holliday como unha das súas maiores influencias. Pero non é o seu único referente: Bob Dylan, Leonard Cohen, Serge Gainsbourg, Patsy Cline, Bessie Smith, Edith Piaf ou Charlie Chaplin son tamén os cimentos do seu particular edificio.

A artista americana é unha das mellores voces do jazz contemporáneo das últimas 2 décadas. Unha cantante atemporal cun talento indiscutible, que nesta ocasión presentará unha xira moi especial, na que repasará ao completo o seu disco máis aclamado, Careless Love, co que vendeu máis dun millón de copias e conseguiu un disco platino.

Careless love é un disco de música suave e marcado ritmo de jazz, pero fácil e agradable de escoitar por persoas non expertas neste xénero.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android