18:00
Desconcerto

Desconcerto

DESCONCERTO é un espectáculo cómico sobre a música culta posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.

Os nosos protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital, vense na obriga de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando non sen diversos atrancos cómicos.

DESCONCERTO é, en definitiva, un divertimento que mestura temas en directo con rigorosos play-backs sobre a música culta, un achegamento á música clásica a través do humor. Montaxe cómica que combina música, teatro, humor e moito ritmo para ofrecer unha imaxe amena e atractiva da música clásica. Ao longo dos seus sesenta minutos de duración, neste espectáculo conviven pezas musicais clásicas de compositores como Leroy Anderson, Bach, Khachaturian, Mozart, Beethoven ou Rossini, e rutinas teatrais cómicas protagonizadas polo director da orquestra, diversos solistas, cancións a dúo, unha conferencia condensada sobre a música clásica e ata un número de ballet.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android