21:00
Contos Arraianos

Contos Arraianos

Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de marxe e de fronteira, construído cunha lingua, así mesmo, límite e nos lindes da realidade e da fantasía. É difícil non sentirse arrastrado pola tremenda capacidade fabuladora de Ferrín. A Raia Seca ourensá é unha metáfora de mundos reais adobados pola ficción e a particular riqueza léxica deste narrador e poeta que é de Ourense e que é de Vigo, que é arraiano arraiano. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android