21:00
Papaguena

Papaguena

Papaguena é unha ópera electrónica do compositor galego Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro que aparecen na célebre ópera A frauta máxica de Wolfgang Amadeus Mozart.

Papagueno é un paxareiro que acompaña a Tamino, o protagonista da peza, nas súas aventuras mundo arredor. Leva sempre consigo unha gaiola na que encerra aos paxaros que caza, e sempre está a falar dos seus intensos desexos de amor. No final da peza emparella con Papaguena, pero nada sabemos do futuro en común desta parella. Iago Hermo pon o foco precisamente neste porvir: que tipo de vida lle espera a unha muller que emparella cun ‘Papagueno’? Rematará acaso a vivir nesa gaiola que porta no lombo?

Papaguena leva ao noso presente a esta parella de personaxes que seguen a namorarse a día de hoxe en teatros de todo o mundo para facer ver que a súa sería unha relación tóxica da que Papaguena, de feito, se desprende durante a peza.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android