N/D
XXIX FESTA DO OURIZO

XXIX FESTA DO OURIZO

 XXIX FESTA DO OURIZO O SÁBADO 19 DE MARZO

-Poderán degustarse as mellores receitas de ourizo nos locais participantes: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina, Buenavista e Aquelarre
-Haberá sesión vermú a cargo de Festicultores Troupe; pasarrúas ao longo da tarde coa Louband Street Band e ás 22:00H actuación da orquestra Funçao Pública 
-O concurso gastronómico terá lugar o luns 14 de marzo, ás 17H, na Casa da Cultura

A XXIX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 19 de marzo, en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como prato principal.
A cita foi presentada hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, pola concelleira de Cultura e por representantes da hostalería local. 

Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Ciprián que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina, Aquelarre e Buenavista. Nesta ocasión, o concurso celebrarase o luns, 14 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas propostas –dúas como máximo- ás 17:00 horas. O xurado composto por cociñeiros decidirá cales son as tres tapas gañadoras. A entrega de premios será ás 19:00 horas na mesma Casa da Cultura.
O día da festa os locais participantes ofrecerán a tapa do concurso e outras moitas variedades aos visitantes durante toda a xornada. Haberá folletos informativos no que se especifican algunhas das tapas que se poderán probar, e que terán como denominador común o ourizo.

Ademais haberá sesión vermú desde as 14:00 horas a cargo de Festicultores Troupe, na carpa da Praza dos Campos; ao longo da tarde haberá pasarrúas a cargo da Louband Street Band; e xa pola noite, a orquestra Funçao Pública ofrecerá un espectáculo musical a partir das 22:00 horas na Praza dos Campos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android