11:00
Queimada popular de Cervo

Queimada popular de Cervo

Organizada pola asociación cultural “Airiños do Xunco”, a Queimada Popular de Cervo reúne na vila arredor de 7.000 persoas. A praza do Souto é o escenario onde ten lugar a preparación da queimada (bebida a base de augardente e azucre), cun bruxo vestido de palla encargado de pronunciar o esconxuro e escorrentar os malos espíritos.

Cada ano é escenificada nesta festa unha historia vinculada a tradicións e lendas da zona, e sempre co mesmo fío argumental: o triunfo do ben, representado polo bruxo, sobre o mal, representado por bruxas, diaños, trasgos e toda a imaxinaría popular do inferno. Como mostra desta vitoria e do restablecemento do ben, ten lugar despois do esconxuro a queima do espantallo. Ata ben entrada a noite, o baile e a música acompañan a degustación da queimada, para a que se empregan preto de 3.000 litros de augardente.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android