12:00 hasta las 22:00
Entroido en Nigrán

Entroido en Nigrán

O Concello de Nigrán inicia os actos do entroido o venres 25 de febreiro coa actuación de Cristian de Samil co show 'Mamá&Monólogos' no Auditorio Municipal ás 20:00 horas. Tras o tradicional desfile de comparsas do sábado 26, o luns 28 de febreiro será o turno dos máis pequenos con contacontos e baile desde as 17:00 no Auditorio Municipal.

O entroido finaliza o sábado 12 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, unha vez máis, partirá dende a Casa do Concello sobre as 18.00 horas tirado por un carro de bois para ser velado a continuación no Torreiro de Parada, actos que se celebran co Centro Cultural Parada do Miñor e que rematarán coa queima do kiko e un concerto de D´Lider.

"Este ano recuperamos o entroido tradicional con todas as medidas de seguridade. Coma noutros anos, é un entroido no que teñan cabida tódolos públicos e tamén conta cun evento específico para o desfrute dos nenos. Como viñemos facendo, seguiremos a por en valor as tradicións máis locais, como é o caso do enterro do kiko", explica o alcalde, Juan González.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android