21:00
Roteiro nocturno polos petroglifos de Monteferro

Roteiro nocturno polos petroglifos de Monteferro

O xoves 13 de xullo o Concello ofrece un roteiro nocturno polos petróglifos de Monteferro guiado por arqueólogos da cooperativa Árbore, encargados de mellorar a sinalización e o estado dos gravados desta península. Os interesados en participar tan só deben presentarse ás 21:00 horas ante o Monumento á Mariña Universal cunha lanterna (serviría un móvil con lanterna). Entre os diferentes petroglifos que verán destaca o de ‘Penisas Pequenas’, aquí, entre outras cousas, figuran dous podomorfos, sendo un deles moi evidente ao apreciarse incluso as dedas do pé. "Non se coñece en Galicia un tan ben conservado, non é un motivo para nada común", explica Benito, arqueólogo de Árbore e quen vincula esta figura á Idade de Ferro ou Bronce fronte ao Paleolítico, cando se representaban as mans. Sobre o significado destes pés a tamaño real non hai unha teoría clara, aínda que algunha delas apunta a ser este un lugar de entronización seguindo a tradición céltica. Outra proba do especial deste rochedo é a cantidade inxente de muíños naviculares. "Son tantos que resulta evidente que non podían ter un fin meramente funcional, tiña que ter algo de ritual, este feito é común no Sur de Pontevedra, non no resto de Galicia, é algo diferenciador" engade. Outra das curiosidades que poderán apreciar serán os gravados de ‘O Duque’, feitos por un excéntrico personaxe de Panxón no século XIX, xunto ao faro de Punta da Meda.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android