Parece que foi onte, pero pasaron 12 anos de Supercrepus. Pasáronnos por encima crises económicas, mundiais de fútbol e pandemias. O indie deixo de ser indie para encher palacios dos deportes, a entelequia coñecida como música urbana converteuse no centro da industria musical, deixamos de escoitar ficheiros .mp3 para substituílos por Spotify e Youtube. A revista que levantou o Supercrepus todo o máis alto das súas listas, coroándolle merecidamente- como un dos grandes compositores pop nacionais xa non existe. Todo cambiou desde Supercrepus.
Nestes doce anos houbo oito álbums, unha compilación no que revisaba o seu propio repertorio, un par de proxectos colaborativos con popes do indie nacional (Alfacrepus e os nunca suficientemente ponderados Xunco e Diamante), centenares de quilómetros de furgoneta tocando en todas as salas e festivais do país, unha mudanza a Madrid, entrevistas con Broncano, colaboracións coa Ben Querida, Espanto ou co mismísimo Raphael, cancións súas versionadas por Fangoria. O que en 2008 era o teclista de Tarántula e un prometedor ourive de cancións tan perfectas como escacharradas é xa un clásico do pop nacional que permanece creativo e relevante. E non o fai en solitario. Hai dous nomes que resultan fundamentais para entender o son do disco. Por unha banda está Sergio Pérez, produtor, instrumentista e; en resumidas contas, man dereita de Joël nestas lidees. Convertido xa nun dos grandes produtores do pop nacional, insufla vida e profundidade aos temas. Doutra banda atopamos a Alberto Martínez do Río, virtuoso da guitarra que engade guitarras cheas de funk e melodía, e Marc López á batería. Desfilan tamén polo disco colaboradores de luxo como Tomasito, Aaron Rux ou Jens Neumaier.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar