Izaro Andres Zelaieta (1993, Mallabia). Compositora, romántica e soñadora. De soño lixeiro, pero dormilona. Alguén que ten moi claro que non quere ser, pero non tanto que si quere.
Comezou os seus estudos de Física, pero non lle convenceron e acabou escribindo unha novela que xamais publicará nas horas de clase. Despois mudouse a Donostia a estudar Comunicación. A unha compañeira de clase tocoulle unha guitarra nunha tómbola, prestoulla a ela e empezou a tocar a guitarra, e a compoñer.
Estivo un tempo dando concertos acústios por aquí e por alí, ata que un día viuna tocar nun bar Oriol Flores (a súa batería actual) e animoulle a gravar un disco. Foi acabar os seus estudos a California, os meses que estivo alí confirmáronlle que quería vivir facendo música. Cando volveu, gravou o seu primeiro disco.
O universo poético de Izaro aparécenos decidido a cruzar estacións sonoras e continentes no seu novo proxecto. Tras un destacado álbum de debut (om, 2016), o ano pasado foi o da consagración coa publicación do seu segundo traballo (eason, 2018). Nunca un artista vasco tan novo e en tan pouco tempo conseguira chegar a colgar o cartel de non hai entradas en todos os templos da música do País Vasco (Auditorio Kursaal, Teatro Arriaga, Vitoria Eugenia...). Nunca un artista o conseguira cunha proposta tan aberta en conceptos e estilos, con tanto gusto e emoción, sen prexuízos nin barreiras á súa creatividade. Utilizando o inglés, o eúscaro e o castelán. O pop, o folk, a sombra do mediterráneo ou a melodía rachada e lenta. E conseguindo levar a tres xeracións de público a un concerto: mozos que a idolatran e soñan en mellorar o mundo xunto a ela, parellas que se namoraron e convertérona en banda sonora das súas emocións, e pais e nais coas súas fillas e fillos que lles achegaron ao universo Izaro e mergúllanse ilusionados coa música, sen idades, entregando o seu lecer familiar.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar