20:00
DeMente

DeMente

Tras un minucioso traballo de investigación sobre as doenzas mentais, indagando sobre o seu trato ao longo dos anos e a situación na actualidade, nace a intención de dar visibilidade ás doenzas máis marxinais na comunidade actual: as doenzas mentais. Coa intención de visivilizar unha memoria histórica latente nunhas persoas que ademais de padecer o seu trauma concreto coa enfermidade, sofren outros moitos a causa do estigma, do rexeitamento da sociedade.

O noso principal e único obxetivo é moral de cara ao tratamento desta temática e poñer o noso gran de area na loita contra un estigma "a imaxe do tolo" que pouco ou nada ten que ver coa realidade dunhas persoas que padecen unha enfermidade mental. `Por que a un neno dálle vergoña dicir que vai ao psicólogo e non que vai ao médico por unha gripe?
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android