20:30
Badman. Un home malo (A Compañía Solitaria do Dr. Monifate) | AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

Badman. Un home malo (A Compañía Solitaria do Dr. Monifate) | AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

Badman. Un home malo (A Compañía Solitaria do Dr. Monifate)
04 DE NOVEMBRO | 20:30h | AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

“Carpet show”, monólogo e concerto. Público maior de 16 anos.

SINOPSE
Un home acepta e confesa a súa maldade despois de anos tentando converterse nunha boa persoa. Aínda que xa hai tempo que se descartou a frenoloxía como ciencia seguimos empregando os seus patróns de xeito inconsciente. Nacemos xa con tendencias cara certos comportamentos? Somos malas persoas disimulando para poder convivir? Somos bos e alguén nos perverte? Podemos prescindir totalmente da maldade? Unha peza sobre unha alfombra con aproximacións á comedia e ao monólogo (cómico?) dende unha perspectiva filosófica. Cancións e música para suavizar o mal, ou para darlle énfase. Un diálogo co público no que, contrariamente ós pezas que “dialogan co público” permítese que o público responda e fale. Unha perspectiva que cuestiona da bondade de todo o ben que facemos.

Autoría: Gustavo Fouce.
Dirección: Gustavo Fouce.
Actor e músico: Gustavo Fouce.
Duración: 50 min.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android