Poeta en Nova York (Teatro Baixo da Area) 17 DE DECEMBRO | 21:00h | CENTRO MULTIUSOS DE PONTE DE CUÑAS (LOURENZÁ) Teatro Contemporáneo. Obra poética experimental. Público maior de 14 anos SINOPSE adaptación teatral da recoñecida obra de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario, dende a experimentación e a honestidade. Cando Lorca chegou a Nova York, esta cidade absorveuno, mesturándose nel unha aparente felicidade cunha profunda angustia vital derivada das súas circunstancias persoais (desengano amoroso, desencanto intelectual e crise creativa) Da man do poeta, viaxaremos por un Nova York nada alleo aos temas actuais, para facer unha labor de denuncia dende o compromiso social. Autoría: montaxe baseada na edición de Mario Hernández dos manuscritos neiorquinos Poeta en Nueva York, otras hojas y poemas, facendo a dramaturxia Paloma Lugilde. Dirección: Paloma Lugilde. Elenco: Raquel Velasco, Miguel Torres e Paloma Lugilde. Duración: 70 min. +INFO https://producionspalomalugilde.es/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar