O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA | Lourenzá Xoves 18 de agosto | 22:00h | Claustro do Mosteiro FICHA TÉCNICA Ano 2014 Duración 95 min. País Reino Unido Dirección Andy Hamilton e Guy Jenkin Reparto Rosamund Pike, David Tennant, Billy Connolly, Celia Imrie, Emilia Jones, Ben Miller, Amelia Bullmore, Bobby Smalldridge, Alexia Barlier, Imogen Toner, Kirstin Murray, Ben Presley SINOPSE Doug e Abi son dous pais normais que teñen tres fillos encantadores aínda que moi excéntricos. Cando #o #estrés de ser pais pon en perigo a súa estabilidade mental e o seu matrimonio, deciden realizar unha viaxe a Escocia cos seus fillos. Alí participarán nunha gran reunión familiar e reencontraranse con Gordie, o incriblemente extravagante pai de Doug. Con todo, o que prometían ser unhas vacacións para a reconciliación pronto se converte nun campo de minas non exento de situacións hilarantes no que rancores familiares, malentendidos e egos maltreitos conforman a orde do día. Cando os nenos precipitan un xiro inesperado nos acontecementos, a familia vese obrigada a aparcar as súas diferenzas e a colaborar, pois pola contra corren o risco de perder aquilo que máis aprecian.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar