17:00
Poeta en Nova York (Teatro Baixo da Area) | CASA DO MÉDICO (MURAS)

Poeta en Nova York (Teatro Baixo da Area) | CASA DO MÉDICO (MURAS)

Poeta en Nova York (Teatro Baixo da Area)
18 DE DECEMBRO | 17:00h | CASA DO MÉDICO (MURAS)

Teatro Contemporáneo. Obra poética experimental.

Público maior de 14 anos

SINOPSE
adaptación teatral da recoñecida obra de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario, dende a experimentación e a honestidade. Cando Lorca chegou a Nova York, esta cidade absorveuno, mesturándose nel unha aparente felicidade cunha profunda angustia vital derivada das súas circunstancias persoais (desengano amoroso, desencanto intelectual e crise creativa) Da man do poeta, viaxaremos por un Nova York nada alleo aos temas actuais, para facer unha labor de denuncia dende o compromiso social.
Autoría: montaxe baseada na edición de Mario Hernández dos manuscritos neiorquinos Poeta en Nueva York, otras hojas y poemas, facendo a dramaturxia Paloma Lugilde.

Dirección: Paloma Lugilde.
Elenco: Raquel Velasco, Miguel Torres e Paloma Lugilde.
Duración: 70 min.

+INFO https://producionspalomalugilde.es/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android