O vixiante dos soños (Ubú teatro) 22 DE DECEMBRO | 12:00h | CEIP PLURILINGÜE DO PÁRAMO Teatro con monicreque. Público familiar a partir de 3 anos Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís. Autoría: Ana Carreira. Dirección: José Campanari. Actrices e titiriteiras: Marga Portomeñe e Ana Carreira. Duración: 45 min
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar