19:00
María Balteira, a bailadora primeira (Xamón Produccións) | ALBERGUE OS CHAOS (A FONSAGRADA)

María Balteira, a bailadora primeira (Xamón Produccións) | ALBERGUE OS CHAOS (A FONSAGRADA)

María Balteira, a bailadora primeira (Xamón Produccións)
23 DE SETEMBRO | 19:00h | ALBERGUE OS CHAOS (A FONSAGRADA)

Teatro, danza e música. Público familiar (recomendado 3 a 9 anos)

SINOPSE
Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e danza ambientada no Medievo.
O Rei Sabio vive no Bosque das Artes, onde cultiva a música, a poesía e o teatro; pero algo non vai ben: Nunha parte do seu bosque as plantas e as árbores non medran como deberían.
Pedro Amigo é mestre de música, e María Balteira a súa alumna, pero María soña con bailar. Un día cóntalle os seus soños a Pedro, este fica abraiado co xeito de bailar de María e pídelle que lle ensine a bailar. A fama da bailadora María Balteira chega a oídos do Rei Sabio que lle escribe unha carta pedíndolle axuda para que o seu Bosque das Artes medre florido e fermoso.

Autoría: Lola Saltatore.
Dirección: Lola Saltatore.
Actores: Montse Rivera e Xabier Iglesias.
Duración: 45 min.

+INFO 
https://www.facebook.com/mariabalteirabailadoraprimeira/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android