18:00
Saga de Flin Havardr (Trécola Produccións) | AUDITORIO MUNICIPAL (QUIROGA)

Saga de Flin Havardr (Trécola Produccións) | AUDITORIO MUNICIPAL (QUIROGA)

Saga de Flin Havardr (Trécola Produccións) 
30 DE DECEMBRO | 18:00h | AUDITORIO MUNICIPAL (QUIROGA)

Teatro de marionetas de fío con música en directo. Todos os públicos.

SINOPSE
Eran as sagas unhas cantigas á heroicidade dos grandes guerreiros vikingos, fortes e valentes, que abandonaban as súas terras ermas e denostadas polo clima do norte, para zarpar nos seus drakar e conquistar outros pobos na procura de alimentos e tesouros.
Non é o caso de Flin Havardr… un pastor que tras vislumbrar nun sono as suas proezas como vikingo, emprendeu unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación canto menos peculiar, non especialmente fortes nin valentes, pero si sobrados de creatividade. Tras moitas aventuras, conseguirán chegar á mellor de todas as terras a conta da morriña dun dos seus tripulantes. Queda por ver se conquistarán ou serán conquistados…

Autoría: montaxe propia da Compañía.
Dirección: Isabel Rey e Marcelino de Santiago “Kukas”.
Titiriteir@s: Ero Vázquez Cabrera e Isa García Coldeira.
Música en directo: Pablo Pintor.
Duración: 50 minutos.

+INFO: https://marionetastrecola.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android