Cinco minutos sen respirar (Ítaca Teatro) 5 de outubro. 20.30 horas. Teatro Pastor Díaz. Drama contemporáneo. Maiores de 13 anos. A obra analiza problemas actuais como os abusos bancarios, a explotación laboral, o suicidio, a incomunicación, a violencia... Todo cunha linguaxe que se move entre o metafórico e o literal. Trátase dunha peza que pon de manifesto a necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade, retando aos anhelos, medos e escuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex)empregada da banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. Autoría: Gustavo Ott. Dirección: Carlos Neira Elenco: Elea López e Carlos Rebolo. Duración: 70 minutos
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar