N/D
Festa da Pascua de Padrón

Festa da Pascua de Padrón

A Festa da Pascua de Padrón é unha celebración de periodicidade anual cuxas orixes se remontan, como mínimo, a comezos do século XVII e están relacionadas co protagonismo histórico da vila de Padrón como lugar de paso, centro político e administrativo e núcleovertebrador dunha ampla zona de influencia. Nese contexto, a Festa da Pascua xorde pola coincidencia dun mercado dominical e unha das feiras cabalares e de gando máis importantes de Galicia coa celebración do Domingo de Resurrección, dentro dos actos litúrxicos da Semana Santa, que desde a época medieval funcionaban en Padrón como modo de expresión da relixiosidade popular e tamén como marcador identitario para o conxunto da poboación,abranguendo a tódolos xéneros e capas sociais.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android