20:30
Xacovedra

Xacovedra

O grupo de teatro Airiños organiza unha función de teatro na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión convidan ao grupo Andaravía teatro a representar a obra Xacovedra o sábado 4 de xuño ás 21.00 horas.

A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Xacovedra foi escrita e dirixida por Manuel Cortés. É un espectáculo de variedades onde hai cancións e sketches. Nesta obra reflíctese, desde o humor, o presente e futuro do fenómeno socioeconómico que se produce con motivo do(s) Ano(s) Santo(s).
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android