21:30
Treides conmigo

Treides conmigo

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Treides Comigo! é un espectáculo cunha moi boa acollida de prensa e público, ao fío do sétimo disco de Xoán Curiel co mesmo nome. Novo e vello ao mesmo tempo, unha fusión do antigo e do contemporáneo, unha visión orixinal, didáctica e diferente de presentar as cantigas da lírica medieval galego-portuguesa neste século XXI.

Neste concerto o compositor e cantante Xoán Curiel achega a figura de trobadores dos diversos camiños de Santiago. Xoán pon música ás cantigas que deixaron escritas hai case un milenio co propósito de ofrecer unha actualización ou renovación das mesmas, aportando a súa propia visión contemporánea, persoal e creativa.

A banda está conformada por músicas/os de solvencia con formación en música clásica, folk e incluso jazz; configurando un espectáculo de fusión de gran riqueza musical.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android