20:30
Tanxugueiras

Tanxugueiras

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para mostrar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corpiños enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandereiteiras e intégrana con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.

Recoñecementos:

Mellor álbum galego do 2018 Premios MIN da Música Independente

Música tradicional e folk Premios Martín Códax da Música

Mellores músicas de Galiza 2019 por Que non mo neguen Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android