21:00
Raphael

Raphael

A súa voz prodixiosa e a súa particular maneira de interpretar foron as súas principais armas para poder permanecer, ano tras ano, como figura indiscutible entre os cantantes de fala hispana, cun selo xenuíno e moi persoal, conquistando por dereito propio un lugar privilexiado no panorama musical mundial.

Pioneiro absoluto da música moderna en español, Raphael, incansable traballador, levou a súa arte e o seu idioma a case todos os recunchos da Terra.

Na primeira etapa da súa carreira, Raphael participa dous anos consecutivos no Festival de Eurovisión, protagoniza varias películas dirixidas por Mario Camus, Vicente Escrivá, Javier Aguirre ou Antonio Isasi, obtén na radio un gran éxito coa súa serie de programas ?O Raphael Show? para a cadea SER, e en Televisión Española coa serie El Mundo de Raphael.

Das súas continuas e innumerables xiras por España destacan o seu primeiro concerto no Teatro da Zarzuela de Madrid, as longas tempadas no Palacio da Música ou no Teatro Monumental, os recitais no Palau da Música de Barcelona, o Teatro Falla e o Auditorio José María Pemán de Cádiz, o Villamarta de Xerez, o Romea de Murcia, o San Fernando de Sevilla, o Palau da Música de Valencia, o Teatro Gayarre de Pamplona, o Vitoria Eugenia de San Sebastián, o Arriaga de Bilbao, o Campoamor de Oviedo, o Jovellanos de Xixón, o Teatro Real de Madrid? Cabe tamén destacar o seu inesquecible concerto no Estadio Santiago Bernabeu con motivo do seu XXV aniversario artístico.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android