11:00 hasta las 20:00
Festa da Ameixa

Festa da Ameixa

O bivalvo máis identificativo da localidade mariñeira do Carril, en Vilagarcía de Arousa, é o protagonista desta cita gastronómica que se celebra no domingo seguinte ao 16 de agosto, festividade de San Roque, festas patronais de Vilagarcía de Arousa.

Os afeccionados á cociña teñen tamén a oportunidade de participar nun concurso no que se premian as mellores receitas coa ameixa como ingrediente principal. Neste concurso entréganse as Ameixas de Ouro, de Prata e os galardóns ao parquista máis novo e ao parquista de honra.

Durante unha fin de semana pódese degustar a ameixa criada nos areais do Carril nas máis variadas preparacións, pero especialmente á mariñeira e acompañada de viño albariño.

A festa celébrase na Alameda, xunto á lonxa e con vistas á illa de Cortegada, integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas. A Festa da Ameixa celébrase desde o ano 1991.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android