23:00
Loro Facu 2022: Battosai

Loro Facu 2022: Battosai

Battosai é un grupo galego formado por Héctor Ojea (guitarras, voz), Roque Sampedro (baixo) e Nolo Chazo (batería). Eles son uns namorados dos 90 e a súa fascinación polo rock alternativo daquela década fíltrase na súa música. Dalgúns dos seus sinxelos vímosche falando desde fai algo máis dun ano na nosa PlayList Emerxente da Semana. Despois de publicar os seus primeiros temas, Canto tempo (2019) e 12:21 (2020), nos últimos meses lanzaron varios sinxelos de presentación do seu álbum de debut, que se publicou hai apenas unhas semanas. Polo camiño, o grupo conseguiu facerse co Premio Xuventude Crea 2020 da Xunta de Galicia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android