Mundo Prestixio nace en 2019 en Vigo como a reconversión de Jay, formación de noise rock integrada por Ju, Brais, Fiz e Fer, membros de bandas como Disco as Palmeiras!, Dois ou Seda. . As novas inquietudes musicais, cimentadas sobre a técnica do sampling e cunha clara dirección cara ao hip hop, levou aos catro membros da banda para facer borrón e conta nova e a crear este novo proxecto a medio camiño entre unha banda e un grupo de produtores.
Un ano despois, Mundo Prestixio conta con dous EPs ("Mundo Prestixio EP" 2019 e "Os Vengadores" 2020) producidos por Hevi (Malandrómeda e Fluzo) nos que se combinan pasaxes instrumentais con colaboracións como as de Cibrán (Boyanka Kostova), Nuno (Oh Ayatollah, Grande Amore) e Guillermo Zapata (Bifannah).
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar