20:00
Loro Facu 2022: Biela

Loro Facu 2022: Biela

Biela son catro, xúntanse en 2019 e en marzo deste ano entran a gravar con Juan Blas Leal (Westline Studios) tres cancións, que irán presentando ata conformar un EP que levará por título ?Outono?; como paso previo ao seu álbum de debut, no que xa están a traballar. Alex (batería), Carlos (guitarra), David (baixo, coros e trompeta) e Alberto, quen ademais da outra guitarra e a voz encárgase das letras.

A súa primeira canción Fin de ano condensaba o potencial do grupo a modo de presentación. Intensidade e precisión, crecendo en ondas canto máis alta parece a montaña desa angustia tan universal e coñecida por todo aquel que se sentiu nova, desorientado, namorado, nostálxico e vulnerable.

Biela publican agora o segundo dos seus sinxelos, que leva por título Nantes-Madrid. Con ela volven dar na diana, e asombra como con tan só tres cancións conseguiron un son que, honrando as súas referencias, xa se converteu en marca propia. Se xa ocorreu con ?Fin de ano?, agora recibimos unha canción das que enganchan á primeira.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android