N/D
Loro Facu 2022: Mentah

Loro Facu 2022: Mentah

Klüte dicían adeus cando estaban no seu mellor momento, despois de entregar un disco redondo como «Non Youth» ( CGTH / Selo Bramante / H / Rufus / Sweet Grooves / Bartolini / Hold Your Ground, 2017). Das súas cinzas nace Mentah, power dúo de Ferrol (A Coruña) no que nos atopamos a Car (guitarra e voz) e Julián (batería e coros). O proxecto vai tomando aos poucos forma e deciden bautizalo como Mentah. “A verdade é que veu dunha maneira un pouco parva. Aínda non tiñamos decidido o nome e, nunha viaxe a Malaisia, Car viu que ‘ mentah’ significaba ‘cru’ en malayo, propúxoo, gustounos como soaba e tamén un pouco o significado”. O seu primeiro traballo é o EP “New Beginning” ( Ferror Records / Decoro Records / CGTH Records / Theia Records / Sounds Like Sunday Records, 2020). Un traballo editado en vinilo 7” que supón unha brillante carta de presentación.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android