19:30
A danza dos paxaros

A danza dos paxaros

A danza dos Paxaros é un espectáculo de animación de rúa que conta coa participación da compañía Can Cun Quiqué; As e os bailaríns interpretan a grandes e vistosos paxaros cabezudos baixo a dirección dun ornitólogo que acompaña a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a praza ou o espazo que se lles dispoña sorprendendo a todos e todas as presentes. Estes cabezudos constitúen un espectáculo sorprendente, áxil e de grande éxito entre o público polo seu carácter participativo e a súa interrelación co mesmo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android